lunes, 2 de marzo de 2015

Definitivo: As Fraccións "The yellow submarine"


Letra:
As fraccións doadas son
e moi rápido aprenderás.
A repartir pizzas e pan
en porcións moi iguais.

O primeiro que aprender
son as partes dunha fracción.
Vai por riba o numerador
e por abaixo denominador.

O numerador … cantas colles ti (x2) 
Denominador… en cantas partes é (x2)

Unha fracción dunha cifra
e moi fácil de calcular
divide polo denominador
e multiplica polo numerador

Se partimos unha pizza
En 5 partes moi iguais.
E ti comes soamente

2 partes que fracción tés.


Título orixinal: The Yellow Submarine (The Beatles)

Versión: Javier D.P.

No hay comentarios: