jueves, 30 de abril de 2020

Traballo para música.


Engado a este mensaxe varias cousiñas para traballar cos vosos peques neste tempo de confinamento.
-          - Serie de debuxos musicais La Banda de Mozart (moi educativa e instrutiva) https://www.youtube.com/watch?v=r6rVg_APQc8&list=PLfH8EZSX2vobnR5Oc5OdhYzzpwDB5D6iH  (xa viron algún capítulo no cole e gustoulle).
-          - Páxina web Dos Lourdes, na que hai un montón de material para traballar tódolos instrumentos, imprimibles, xogos, linguaxe musical...etc. http://www.doslourdes.net/
-         - Adxunto un libro que crearon uns amigos mestres (gratuíto) con diferentes actividades para facer na casa neste tempo de corentena...está moi moi chulo, recomendable. http://www.triquetaverde.com/tienda-online/libros-triqueta-gallego/profe-e-agora-que-fago/

Irei mandando de vez cousiñas.

Si tedes algunha dúbida xabierdp@gmail.com 

Nada, espero que sigades ben e unha forte aperta da miña parte para @s peques da casa.

TProfe Xabi.

lunes, 20 de abril de 2020

Snappet na casa.

Ola familias.
Volvemos á "rutina" e a primeira tarefa van ser estes 2 vídeos explicativos. Velos por esa orde, que o vexan tamén os peques que lle vai axudar.


        
PASOS PARA PODER ENTRAR E TRABALLAR CON SNAPPET:
  • PODEMOS TRABALLAR DESDE ORDENADOR, TABLET, TELÉFONO MÓBIL,... SEMPRE CON CONEXIÓN A INTERNET
  • ENTRAMOS EN https://es.snappet.org/ 
  • FACEMOS CLICK EN ALUMNOS (PARTE DEREITA ARRIBA) E VAINOS PEDIR USUARIO E CONTRASINAL (XA VOLO MANDO POR ABALAR MÓBIL)
  • UNHA VEZ QUE ENTREMOS VANNOS A SAIR AS DIFERENTES ASIGNATURAS QUE EU VOU ACTIVANDO. DÁMOSLLE A QUE QUEIRAMOS (LENGUA, MATES,...)
  • PINCHO EN "LECCIONES" E SAEN DIFERENTES APARTADOS NOS QUE VADES ENTRANDO E FACENDO EXERCICIOS. NON OS FAGADES TODOS NUN DÍA! POUCO A POUCO. QUE HAI MOITOS! XA SABEDES COMO FUNCIONA, CORRIXIDE SE NON VOS SAE BEN, E NON PASA NADA! ESTAMOS APRENDENDO! SE VOS SAEN ACTIVIDADES DE REFORZO TAMÉN AS FACEDES SE PODEDES.
  • NON VOS AGOBIEDES E FACEDE AS TAREFAS AO VOSO RITMO E CANDO SE POIDA! ORGANIZADE O TEMPO COMO CADA FAMILIA VOS VEÑA MELLOR

PROGRAMA EDUCATIVO O SABEDOIRO

Todos os días de luns a venres tedes un programa moi interesante na TVG-2 "O SABEDOIRO".
Máis abaixo tedes a programación das distintas sinaturas que tratan cada día. Ademais podedes participar en retos que propoñen, mandar fotos, vídeos, manualidades,... 
Pero compárteos con nós tamén, xa sabes!
Na páxina web do programa podedes acceder a programas que xa emitiron en días pasados ou vedelo en directo na tele as 11.40 da mañá.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/o-sabedoiro


Fonte: Blog de 1º e 2º de Oímbra: https://ruxideira.blogspot.com/