viernes, 30 de enero de 2015

domingo, 18 de enero de 2015

A serra de San Mamede e o Bidueiral de Montederramo.

No anterior artigo explicámosvos en que consistía o noso proxecto para a Rede Natura 2000, hoxe presentamos a Serra de San Mamede que é o eixo central do noso proxecto para este curso, dentro dos proxectos medioambientais do Colexio Miraflores.
Ficheiro:Serra de San Mamede.jpg
Serra de San Mamede forma xunto coa Serra da Queixa, a Serra do Fial das Corzas e os Montes do Invernadeiro o espazo natural máis completo da alta montaña galega, o gran macizo ourensán. Pertence aos concellos de Montederramo(ao norte e leste), Maceda (ao oeste) e Vilar de Barrio (ao sur). O punto máis alto é a chamada Fonte do Santo, a 1.614 metros de altitude, onde se atopa unha capela na honra do santo que dá nome á serra e onde se celebra unha romería na segunda semana do mes de agosto.
Ficheiro:Serra estanque.jpg

Vexetación

Na cara leste a vexetación é propia dun clima continental de alta montaña, a chamada rexión eurosiberiana galega. Atopamos no noso camiño vexetación de monte baixo, queirugascerquiñosuces brancasarandoscancireixos e máis bosques de coníferas resultado da repoboación forestal. Por outra banda, dirixindo a nosa mirada cara o oeste, baixando pois ao val de Maceda, aparecen carballos, castiñeiros e bidueiros.

Reserva natural

Trátase dunha área protexida coa cualificación de Lugar de importancia comunitaria (LIC) integrante da Rede Natura 2000 e en proceso cualificación como parque natural. Ata o ano 2004 mantívose unha reserva de cervos e corzos nun cercado da parte oeste que hoxe existe e non está a ser empregada. Preto deste cercado se atopa o centro de educación medio ambiental As Corcerizas. Este paraxe da cara oeste da serra chamase O Coudillo que e o apelido da familia dona dese lugar ata que nos anos 50 o Estado fixo una compra convida coa intencion de construir unha residencia de verán do dictadorFrancisco Franco proxecto que nunca se construiu. Co proxecto cancelado, daselle un uso forestal, como casa do garda forestal. Nos 80 empeza a sufrir un abandono paulatino que conclue no ano 2003 co abandono total das instalacións.
Ficheiro:Vaca Galega.jpg

Fauna e outros

Serra de San Mamede está repartida entre as moitas parroquias de cada un dos catro concellos que a forman. Así, as aldeas presentes na serra empregan os seus montes comunais repartidos por todo o territorio como lugar de pasto para o gando, maioritariamente vacún, e como zonas produtoras de madeira.
Repartidos por toda a serra, aínda que soamente son doados de divisar no inverno, pódense atopar corzoscervosxabaríns elobos, ademais de coellos e lebres, claros indicadores das rexións da Galiza interior. Tamén hai ampla variedade de aves, réptiles e anfibios. En canto as aves, cómpre destacar a existencia de máis de cen especies, entre as que temos a charrela(perdix perdix), somormullosmartiño peixeirolavandeiras e un bo número de aguias e falcóns.
Fonte: Galipedia.

Para ir rematando aquí vos deixamos un video dunha ruta de senderismo polo alto da serra de San Mamede no macizo Ourensán e o Bidueiral de Montederramo. ¡Esperamos que vos guste!