No anterior artigo
explicámosvos en que consistía o noso proxecto para a Rede Natura 2000, hoxe
presentamos a Serra de San Mamede que é o eixo central do noso proxecto para
este curso, dentro dos proxectos medioambientais do Colexio Miraflores.
A Serra de San Mamede forma xunto coa Serra
da Queixa, a Serra
do Fial das Corzas e os Montes
do Invernadeiro o espazo natural máis completo da alta
montaña galega, o gran macizo
ourensán. Pertence aos concellos de Montederramo(ao norte e leste), Maceda (ao oeste) e Vilar
de Barrio (ao sur). O punto máis alto é a chamada Fonte
do Santo, a 1.614 metros de altitude, onde se atopa
unha capela na honra do santo que dá nome á serra e onde se celebra unha
romería na segunda semana do mes de agosto.
Vexetación
Na cara leste a vexetación é propia dun clima continental de alta montaña, a
chamada rexión eurosiberiana galega. Atopamos no noso
camiño vexetación de monte baixo, queirugas, cerquiños, uces brancas, arandos, cancireixos e
máis bosques de coníferas resultado da repoboación forestal. Por outra banda,
dirixindo a nosa mirada cara o oeste, baixando pois ao val de Maceda,
aparecen carballos, castiñeiros e bidueiros.
Reserva natural
Trátase dunha área protexida coa cualificación de Lugar
de importancia comunitaria (LIC) integrante da Rede Natura 2000 e en proceso
cualificación como parque natural.
Ata o ano 2004 mantívose unha reserva de cervos e corzos nun cercado da parte
oeste que hoxe existe e non está a ser empregada. Preto deste cercado se atopa
o centro de educación medio ambiental As
Corcerizas. Este paraxe da cara oeste da serra chamase O Coudillo que
e o apelido da familia dona dese lugar ata que nos anos 50 o Estado fixo una
compra convida coa intencion de construir unha residencia de verán do dictadorFrancisco Franco proxecto que nunca se
construiu. Co proxecto cancelado, daselle un uso forestal, como casa do garda
forestal. Nos 80 empeza a sufrir un abandono paulatino que conclue no ano 2003
co abandono total das instalacións.
Fauna e outros
A Serra de San Mamede está repartida entre
as moitas parroquias de cada un dos catro concellos que a forman. Así, as
aldeas presentes na serra empregan os seus montes comunais repartidos por todo
o territorio como lugar de pasto para o gando, maioritariamente vacún, e como
zonas produtoras de madeira.
Repartidos por toda a serra, aínda que soamente son doados de
divisar no inverno, pódense atopar corzos, cervos, xabaríns elobos,
ademais de coellos e lebres,
claros indicadores das rexións da Galiza interior.
Tamén hai ampla variedade de aves, réptiles e anfibios. En canto as aves,
cómpre destacar a existencia de máis de cen especies, entre as que temos a charrela(perdix
perdix), somormullos, martiño peixeiro, lavandeiras e un bo número de aguias e falcóns.
Fonte: Galipedia.
Para ir rematando aquí vos deixamos un video dunha ruta de
senderismo polo alto da serra de San Mamede no macizo Ourensán e o Bidueiral de
Montederramo. ¡Esperamos que vos guste!
No hay comentarios:
Publicar un comentario