XORNADA PARTICIPATIVA DE PLANTACIÓN NO MONTE DA CHAIRA
(O PEREIRO DE AGUIAR, OURENSE)”
O Concello do Pereiro de
Aguiar en colaboración con WWF España realizará o día 24 de Novembro
as 10:00 da maña, unha plantación simbólica enmarcada dentro do proxecto
de “Reforestación do Monte da Chaira”que ten como obxectivo a
recuperación de6 hectáreasno Monte da Chaira, concretamente en dous rodales de3
hectáreascada un.
A actividade
desenvolverase no marco de unha “plantación en rede” na que voluntarios participarán
de forma simultánea en diferentes lugares da xeografía española. A xornada
comezará cunha charla sobre o obxectivo da actividade, materiais empregados,
etc.…
Os voluntarios plantarán especies autóctonas
(carballo, bidueiro, castaño, cerdeira…).
WWF aportará todos os
materias necesarios para a realización da actividade.
Se queredes participar na
actividade, anotádevos na Biblioteca Pública
Departamento de Cultura, Turismo e Mocidade
do Concello do Pereiro de Aguiar
cultura@concellopereiro.com
Tfno 988259839
No hay comentarios:
Publicar un comentario